Alumnos do CEE Ntra. Sra. de Lourdes reúnen 177 pares de zapatillas para nenos refuxiados

A aula Lila do CEE Nosa Señora de Lourdes (Aspronaga) reuniu 177 pares de zapatillas deportivas para nenos do campo de refuxiados de Katsika (Grecia). Todo empezou o pasado 28 de abril, cando os alumnos con discapacidade intelectual animáronse a participar na campaña "Ponte nos meus zapatos", promovida pola asociación Solidarykids, converténdose, así, no único centro de educación especial de toda España que participa nesta acción solidaria.

O reto: conseguir pares de zapatillas de deporte novas, xunto cunha foto, carta ou debuxo para que os nenos refuxiados sirios que os recibisen coñecesen a súa procedencia. Así, cada día, chegaban caixas de zapatos e os alumnos encargábanse de revisar o número (se non coincidía cos da caixa, escribían o correcto), ler todas as cartas e ver os debuxos que mandaron os nenos, organizalos por tallas e montar, pesar e medir as caixas para o seu envío. Unha vez finalizada a campaña, a titora da aula Lila, Raquel Quintela, destacou a continua participación dos alumnos neste tipo de iniciativas, xa que considera ?imprescindible traballar os valores de solidariedade e axuda aos demais, xa desde idades ben temperás?. Por último, a profesora e os estudantes do colexio de Aspronaga manifestaron que o éxito da campaña non sería posible sen a participación dos alumnos e familiares do CEE Ntro. Sra. de Lourdes, usuarios do Centro Laboral Lamastelle (Aspronaga), varias clases do colexio Santa María del Mar, alumnos de educación infantil do colexio Salesianos da Coruña, profesores doutros colexios que aínda que non puideron levar a cabo a campaña no seu lugar de traballo, si quixeron involucrar aos seus fillos e achegáronse ao noso cole para entregalos, e de familiares e amigos cos que "sempre temos a sorte de contar", concluíu Quintela.  

177 zapatillas para niños refugiados

Máis información e fotografías aquí

 

 

i n r f p s v t 0 1 2