Aspronaga adhírese ao programa "Cultura Accesible e Inclusiva" (28/04/2016)
Esta mañá, Aspronaga adheriuse ao programa "Cultura Accesible e Inclusiva", promovido polo Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa. Así, a asociación súmase a un proxecto que ten como obxectivo brindar iguais condicións de participación a todas as persoas que forman parte da nosa sociedade e que, por algunha razón física ou cognitiva, ven privados do pleno goce dos seus dereitos.
Á firma do protocolo de adhesión no Concello asistiron o Alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga; o representante de Proxecto Máscaras (que tambén únese ao programa), Iago González e Elias Palacio e José Martínez, como representantes de Aspronaga. Ao fin do acto, Ferreiro subliñou a importancia de "Cultura Accesible e Inclusiva" para a "apertura á participación da cidadanía nas experiencias artísticas excluíndo calquera barreira".