O Centro Laboral Lamastelle retorna aos aos vinte no seu 39 aniversario
O pasado 1 de xuño, máis de 300 persoas entre usuarios con discapacidade intelectual, profesionais, voluntarios, convidados e amigos retornaron aos anos vinte para celebrar o 39 aniversario do Centro Laboral Lamastelle.
Así, as instalacións de Aspronaga en Oleiros víronse asolagadas por gángsters, cabareteras e bailaríns de charleston que, xa á primeira hora da mañá, participaron nos deportes ao estilo “Gran Gatsby” e xogos a “ Belle Epoque”. A media mañá, chegou a hora de abrir o “ Lamascabaret” coas actuacións de usuarios e profesionais para dar paso á gran comida ao aire libre “Sen lei seca”. Para terminar, celebraron un gran baile “ Charlestón mola mogollón” mentres que, quen o prefería, podía divertirse no “Casino ilegal”. Cada ano, as 200 persoas con discapacidade intelectual que asisten ao Centro Laboral Lamastelle escollen a temática da festa de aniversario e participan na decoración e vestiarios, sendo ,así, unha data moi importante para todos.