O CEE Ntra. Sra. de Lourdes honra a súa Patroa dando a Volta ao Mundo

O pasado venres, o Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes, pertencente a Aspronaga, celebrou a tradicional festa para honrar á súa Patroa, a virxe de Lourdes. Nesta ocasión, a temática escollida polos 50 alumnos con discapacidade intelectual foi "A volta ao Mundo en 80 días".

Así, ao longo da mañá subíronse ao escenario ante un numeroso público, entre o que estaban os seus familiares, para seguir os pasos de Phileas Fogg. Desde Londres a Exipto pasando por Chicago, Porto Rico, Colombia, Hawai, a Polinesia ou California. Unha intensa viaxe no que os estudantes do Centro de Educación Especial de Aspronaga caracterízanse para as representacións musicais e preparan os decorados desta tradicional celebración.

Xa pola tarde, Aspronaga celebrou unha Eucaristía na que se reunirán persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais, voluntarios e amigos para honrar á súa patroa A nosa Señora de Lourdes. A misa tivo lugar ás 19:30h na capela de Servas de María.

VER FOTOS

i n r f p s v t 0 1 2