Aspronaga participa activamente na Rede Estatal de Lecer

04.03.2021 O equipo do Servizo de Lecer de  Aspronaga participa, activamente, na Rede Estatal de Ocio de Plena Inclusión, achegando coñecemento e compartindo reflexións sobre temas como a  desinstitucionalización destes servizos nas entidades de persoas con discapacidade intelectual.

Así, na reunión celebrada o pasado febreiro, a Rede Estatal de Lecer profundou na necesidade de que as persoas con discapacidade teñan o "lecer que realmente desexan" para o que é necesario realizar un "cambio de visión" e "dar valor" aos "apoios en comunidade". Neste sentido, o equipo de traballo estima importante unha transformación na vida das persoas, as familias, entidades, apoios e actividades co fin de pasar de "cubrir necesidades" a "desenvolver capacidades". "Non se trata de dar un peixe, senón de ensinar a pescar", sinala. Nas próximas reunións, a Rede Estatal coñecerá experiencias de éxito e abordará como cambiar a visión das entidades. 

Ocio en la comunidad

 

i n r f p s v t 0 1 2