Ao redor de 700 persoas corren co Centro Ricardo Baró

1 de Novembro de 2017. Ao redor de 700 persoas correron esta mañá co Centro Ricardo  Baró ( Aspronaga), nun evento que, aos poucos, consolidouse como un dos días deportivos e inclusivos máis especiais na comarca. E é que, tal e como os corredores aseguran, o 1 de novembro xa é unha data fixada no seu calendario, porque é unha carreira “especial” e “diferente”, na que as 69 persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas acollen a preto dun milleiro de persoas (entre deportistas, acompañantes, familias, amigos, traballadores, voluntarios…. ) na súa casa. 

Esta iniciativa naceu hai 4 anos con motivo do 25 Aniversario do centro e converteuse nunha forma excepcional de que persoas con discapacidade intelectual, deportistas, veciños e familias enteiras convivan, xa que se trata dunha carreira para todos, de 0 a 99 anos e con todo tipo de capacidades. Con este obxectivo, a carreira conta con diferentes categorías: CARREIRA ABSOLUTA PARA MAIORES DE 18 ANOS, CATEGORÍAS MENORES E PROBA ADAPTADA. Xustamente, a proba adaptada é o momento máis emocionante da mañá pois os corredores non dubidan en empuxar cadeiras de rodas, dar a man ou simplemente acompañar aos deportistas con dificultades  motrices para dar punto e final a unha competición na que todos somos iguais. 

A IV Carreira Popular do Centro Ricardo  Baró é organizada por  Aspronaga e conta coa colaboración do  Concello de Oleiros, Club Atletismo Sada, Eroski,  Gadis e Frutostel. 

GALERÍA DE FOTOS

RESULTADOS 

i n r f p s v t 0 1 2