Éxito de #ACRB na súa sexta edición

01.11.2019. Ao redor de 600 persoas correron, esta mañá, en #LaCRB, unha Carrera  Rompedora e Bestial que namora a todos os que a viven. E é que, tal e como os corredores aseguran, o 1 de novembro xa é unha data fixada no seu calendario, porque é unha carreira “especial” e “diferente”, na que as 70 persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas acollen a preto dun milleiro de persoas (entre deportistas, acompañantes, familias, amigos, traballadores, voluntarios…. ) na súa casa.

Esta iniciativa naceu hai 6 anos con motivo do 25 Aniversario do centro e converteuse nunha forma excepcional de que persoas con discapacidade intelectual, deportistas, veciños e familias enteiras convivan, xa que se trata dunha carreira para todos, de 0 a 99 anos e con todo tipo de capacidades.

A VI Carreira Popular do Centro Ricardo  Baró é organizada por  Aspronaga e conta coa colaboración do  Concello de Oleiros, Club Atletismo Sada, Eroski,  Gadis e  Frutostel.

PICA AQUÍ PARA VER AS FOTOS, VIDEOS E RESULTADDOS DE #LACRB

 

 

i n r f p s v t 0 1 2