O colexio de Aspronaga gaña o segundo premio do concurso municipal
Onte, os alumnos da Clase Verde do CEE Ntra. Sr.a de Lourdes, acudiron ao Concello da Coruña para recibir o segundo premio da II edición do "Concurso de Blogs de Aula" convocado pola Concellaría de Educación, co obxectivo de fomentar a creatividade dos escolares de Primaria e Educación Especial.
Durante o acto, ao que tamén asistiron familiares e docentes, os estudiantes con discapacidade
intelectual explicaron que “El Lapicero Verde” comezou como unha simple recopilación de noticias de interese xeral. Pero, pouco a pouco, viron que podía ser interesante aportar a súa opinión sobre ditas noticias e ata, por que non, escribir novedades sobre eles mismos. Ao final, a experiencia resultou tan enriquecedora que ata incluiron unha axenda cultural da cidade e un recetario.
O concurso
O concurso, ao que se presentaron un centenar de escolares de diversos centros da cidade, está incluído dentro das actividades desenvolvidas polo Servizo Municipal de Educación no programa Coruña Lenguas. Os seus principais obxectivos son potenciar a comprensión e a expresión oral e escrita, ademais de fomentar a creatividade nos escolares na etapa de Educación Primaria e daqueles que conten coa necesidade específica de apoio educativo. para iso, os escolares teñen que crear e desenvolver un blog de temática libre dentro da aula escolar. No caso do blog do colexio de Aspronaga, o xurado afirma que valorou a súa variada temática, o seu transversalidad no tratamento dos temas e a implicación de escolares con necesidades específicas.