Política Social recibe á Rede de Ocio Inclusivo de Galicia
O pasado 21 de xaneiro, o conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, recibiu á Rede de Lecer Inclusivo de Galicia (ROIG), quen lle presentou un proxecto sobre Accesibilidade Cognitiva. A ROIG está integrada por seis entidades (ASPRONAGA, APAMP,BATA, AMIPA, PAI MENNI e CAPACES) que traballan en "Lecer para tod@s", un proxecto que xorde da necesidade de crear espazos accesibles que garantan o dereito ao lecer en igualdade de oportunidades ás persoas con discapacidade. Este fin de semana, o ROIG reunirase en Villagarcía para analizar o traballo de 2015 e definir as liñas de actuación do 2016.