Novo convenio con Insertega
O pasado 11 de setembro, Aspronaga e Insertega selaron o convenio que establece unha colaboración entre ambas as entidades. Segundo este acordo, as persoas con discapacidade intelectual da asociación achegarán valor engadido no proceso previo á reciclaxe de téxtil..
Insertega é a primeira empresa galega dedicada en exclusiva á xestión do residuo téxtil.
Para Aspronaga é un orgullo pasar a formar parte do seu equipo e iniciar un camiño que esperamos sexa moi longo.