Aspronaga acredítase como organización socialmente responsable
O vindeiro venres, 17 de Marzo, a Asociación Española de Auditores Socio Laborais fará entrega a Aspronaga da Acreditación como organización socialmente responsable, pola súa adhesión ao texto do "Protocolo da Violencia de xénero nos lugares de traballo". O acto terá lugar ás 11.00h na Cidade da Cultura de Galicia e contará coa presenza de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia e Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero polo CFPG, entre outros.