O Club Finisterre celebra o seu 45 Aniversario cunha Cea de Gala
O pasado 2 de decembro, o Club Finisterre celebrou o seu 45 aniversario cunha cea de gala no Restaurante Boavista.
Ao redor de 100 persoas, entre socios, familiares, traballadores e amigos puxémonos elegantes e pasámolo en grande, sobre todo na pista de baile. Tras a cea, Luz Dorta fixo entrega do premios Servizo de Lecer que, este ano, recaeu no servizo de Voluntariado de Deportes do Concello da Coruña. Así, tivemos a sorte de contar coa presenza de Claudia Delso, concelleira de Participación e Innovación, en representación do Concello.