A CRB enamora na súa quinta edición
OLEIROS, 1 DE NOVIEMBRE DE 2018. Ao redor de 700 persoas correron esta mañá co Centro Ricardo Baró ( Aspronaga), nun evento que, aos poucos, consolidouse como un dos días deportivos e inclusivos máis especiais na comarca. Así, a Carreira Popular do Centro Ricardo Baró transformouse, na súa quinta edición, en # LaCRB, unha Carreira Rompedora e Bestial que namora a todos os que a viven.
E é que, tal e como os corredores aseguran, o 1 de novembro xa é unha data fixada no seu calendario, porque é unha carreira “especial” e “diferente”, na que as 70 persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas acollen a preto dun milleiro de persoas (entre deportistas, acompañantes, familias, amigos, traballadores, voluntarios…. ) na súa casa.
Esta iniciativa naceu hai 5 anos con motivo do 25 Aniversario do centro e converteuse nunha forma excepcional de que persoas con discapacidade intelectual, deportistas, veciños e familias enteiras convivan, xa que se trata dunha carreira para todos, de 0 a 99 anos e con todo tipo de capacidades.
Así, desde o Centro Ricado Baró e Aspronaga queremos darvos as grazas a todas as persoas que participaron en # LaCRB . Por unha banda, aos voluntarios, tanto da propia Asociación como do Club Atletismo Sada que, sen a súa inestimable colaboración, totalmente desinteresada comparten o seu tempo libre connosco para que esta carreira sexa posible. Grandes todos! E aos corredores e corredoras, esperamos contar convosco en próximas edicións e que saibades desculpar os fallos que puidésemos ter. Agradecer aos colaboradores: Gadis, Erosky e Frutostel, que colaboraron co avitullamiento e ao Concello Oleiros, Policía Local e Protección Civil, que nos axudan na loxística e organización da carreira.
Un agradecemento especial ao noso speaker Pedro (Xabaril do Sacho) polo seu traballo desinteresado e entrega absoluta coa nosa carreira.
Desde o CRB, queremos que sexades conscientes do día tan especial que gozamos as persoas que vivimos no Ricardo Baró. Para nós, é unha data sinalada nas nosas vidas e todos vós formades parte desa ilusión. Moitas grazas! Un abrazo e vémonos na sexta edición de #LaCRB !!!