O Ricardo Baró acomete a reforma da sala de Menores

21.12.21. A sala de Menores do Centro Ricardo  Baró xa conta cunha nova cuberta, grazas á campaña de doazóns realizada con motivo do # GivingTuesday, día mundial dedicado a dar e colaborar con causas sociais. 

¡¡¡ Reto conseguido !!!!

Hoxe queremos dar as grazas, grazas e mil grazas a todas as persoas que puxestes o voso gran de area para que o grupo de Menores do Centro Ricardo Baró conte cunha nova cuberta no patio interior, no que goza do seu tempo de lecer. 

Hai pouco máis dun ano, iniciábase unha campaña de donativos no #Givingtuesday coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos menores con discapacidade intelectual que residen no Centro Ricardo  Baró.

Foron moitas as familias, profesionais, amizades e persoas anónimas que quixeron colaborar e, aínda que con certo atraso pola situación da pandemia  Covid19, hoxe o reto é xa unha realidade e, todo, grazas ao voso apoio. 

Así, entre as doazóns a través da plataforma  migranodearena. org e as doazóns directas recadáronse un total de 3.927,91 euros, os cales se investiron integramente no reto. 

Mostrámosvos a reforma e, unha vez máis, grazas!!!

Sen vós e vós, isto non sería posible!

Reforma Sala Menores Centro Ricardo Baró

#GivingTuesday

i n r f p s v t 0 1 2