Concurso de deseño do cartel do III Torneo de Deporte Inclusivo
Gústache debuxar? Es creativo? Se es unha persoa con discapacidade intelectual que pertenza a algún centro e/ou servizo de Aspronaga, participa neste concurso e opta a un dos tres premios que se ofrecen. Ademais, se ganas, o teu deseño estará por toda a cidade!. Infórmache nas bases adxuntas e presenta a túa proposta antes do próximo venres, 4 de marzo.