Aspronaga colabora nun proxecto europeo sobre robótica educativa

10.05.18. O CEE Ntra. Sra de Lourdes cruza fronteiras. Desde o ano pasado, o centro de educación especial de  Aspronaga participa no proxecto Erasmus+  GAMESP, unha iniciativa sobre robótica educativa pensada para alumnado con discapacidade intelectual.  O proxecto conta con 5 socios europeos e o CEE Nosa  Señora de Lourdes realiza a parte de asesoramento para a a Dirección  Xeral de Educación,  Formacion Profesional e Innovación Educativa (socio promotor). 


Así, partindo das actividades  de robótica que se realizan nas aulas,o centro colabora no  deseño e desenrolo dun robot educativo con 10 unidades temáticas e as súas actividades para o aulae online. (http://gamesp.org/es/proyecto)

Meeting en Santiago de Compostela

Tras varias reunións noutros países, hoxe e mañá os participantes do proxecto  Gamesp xúntanse en Santiago de Compostela na “4º  International  meeting”. Xa o sábado, ofrecerán unha sesión formativa aberta na que  Felo Couto, docente de  Aspronaga, impartirá un curso sobre “Utilización de robots e xogos virtuais para favorecer a inclusión e a  latención á  diversidade na escola”. A próxima semana o  Gamesp trasládase en  Lodz (Polonia) para realizar  unha “ Learning  Activities” na que o centro de  Aspronaga realizará unha presentación do traballo de robótica cos alumnos de discapacidade intelectual do colexio coruñés. 


Alumnos de Aspronaga trabajando con robótica en el aula.

 

i n r f p s v t 0 1 2