Nova colaboración con Mercadona
15.03.2020. Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, empezou a colaborar con Aspronaga. A compañía doará diariamente produtos de primeira necesidade ás residencias da Asociación, que, entre os seus labores de asistencia, desenvolven o servizo de comedor.
Na primeira entrega, realizada esta mañá, Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas en Galicia de Mercadona, valorou este acordo como “unha maneira de agradecer a Aspronaga a súa dedicación e esforzo por mellorar a vida das persoas. Á vez, reforzamos o noso compromiso social na provincia da Coruña, ao ampliar a rede de asociacións e entidades benéficas coas que colaboramos. Durante 2020 incrementamos en máis do 70% as colaboracións a bancos de alimentos, comedores sociais e outras entidades benéficas de Galicia, doando 1.216 toneladas de produtos de primeira necesidade”, concluíu.