Nove profesionais súmanse ao equipo de Aspronaga
Recentemente, Aspronaga incorporou, ao seu equipo, a nove profesionais multidisciplinares con habilidades e experiencias diferentes que, xunto co resto de persoas comprometidas xa existentes, reinventan e xeran novas oportunidades con e para as persoas con discapacidade. Así, un ano máis, a nosa familia crece, atraendo talento e construíndo, con iso, equipos de confianza.
Desta forma, damos a benvida a estes nove profesionais que, grazas ao Programa de Cooperación 2015-2016 da Xunta de Galicia, xa son parte de Aspronaga. De esquerda a dereita:
María Reino - Tec. de Desenvolvemento Social no Serv. de Ocio e CEE. Ntra. Sra. de Lourdes.
Yago Barcia - Psicólogo no Centro Ricardo Baró.
Marta Nine - Logopeda no Centro Ricardo Baró.
Susana Naveiras - Terapeuta Ocupacional en el Centro Ricardo Baró.
Sergio López - Terapeuta Ocupacional no Centro Laboral Lamastelle e Servizo de Residencias.
Ana Tomás - Logopeda no Centro Laboral Lamastelle.
Beatriz Piñeiro - Psicóloga no Centro Laboral Lamastelle.
Natalia Morrone - Tec. de Act. Deportivas no Ctro. Laboral Lamastelle e Ctro. Ricardo Baró.
Diana Fraguas - Educadora Social no Centro Laboral Lamastelle e Servizo de Residencias.