O Centro Ricardo Baró fai o Camiño de Santiago

Chegou o gran día. Tras semanas de adestramento, once persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio, residentes do Centro Ricardo Baró , están preparadas para iniciar o seu camiño. Desde Baiona ata Santiago de Compostela, andan 5 quilómetros diarios do Camiño Portugués, desde o mércores 8 de maio ata o sábado 11. Acompáñanos 4 coidadores e 1 voluntario pero, na etapa final, compañeiros do centro e familiares uníronse ao Camiño para chegar todos xuntos á capital galega.

Ao chegar á capital, os peregrinos confesan que "foi un Camiño incrible. Moitas grazas a todos os que camiñastes connosco, aos que nos destes ánimos, aos medios por falar connosco e un especial agradecemento a DisCamino por achegarvos a Santiago para facer posible que todos percorrésemos a última etapa".

VER FOTOS E DOSSIER DE PRENSA

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2