Misión, Visión e Valores

ASPRONAGA (Asociación de Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) é unha entidade benéfica e de Utilidade Pública que agrupa aos pais e familiares de persoas con discapacidade intelectual.

O noso fin último é acadar unha maior e mellor calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e está inspirado nos principios de normalización, autonomía e integración social.

ASPRONAGA forma parte do movemento asociativo articulado en Galicia pola Federación Galega (FADEMGA) e, no ámbito estatal pola Confederación Española (FEAPS). Entre os recoñecementos públicos recibidos a longo da nósa traxectoria destacan o Premio do Parlamente Europeo Euroescola (2001), a Medalla de Prata de Galicia (1999) e a Medalla de Ouro ao Mérito Social do Concello de A Coruña (2012).


A NOSA MISIÓN

Contribuir a mellorar a calidade de vida de cada persoa con discapacidade intelectual e a súa familia mediante a prestación de apoios e a reivindicación dos seus dereitos.

Benestar Emocional, Relacións Interpersonais, Benestar Material, Desenvolvemento Persoal, Benestar Físico, Auto Determinación, Inclusión Social, Dereitos.


CÓDIGO ÉTICO

ASPRONAGA está adherida formalmente ao Código de Ético de FEAPS dende novembre de 2009. Dito código aplicase en todos e cada un dos servizos/apoios que esta asociación presta. Asimesmo, ASPRONAGA asumiu o compromiso de canalizar as demandas éticas non resoltas, no sen da entidade, ao Comité de Ética estatal ou, no su caso, aos autonómicos, se FEAPS así o reglamenta.

i n r f p s v t 0 1 2