Invitación Círculo de Conversación
Plena Inclusión e a Federación estamos a organizar espazos de encontro en liña para pensar e reflexionar xuntos sobre o futuro das nosas organizacións. Queremos convidarvos a participar nunha reunión en liña con familiares de persoas con discapacidade intelectual para que podamos pensar sobre os servizos e apoios que as familias queredes para o futuro.
Para iso, durante a reunión, primeiro partiremos da situación actual e faremos un pequeno diagnóstico dos servizos que temos hoxe en día.
Expómosvos vernos o martes, 15 de decembro, a través da plataforma zoom, en dous posibles horarios:
1)De 10:00 a 12:00 horas.
2)De 17:00 a 19:00 horas.
A ligazón para conectarvos é o seguinte (ver a invitación): https:// zoom. us/ j/93485021520
As persoas que queirades participar nesta reunión en liña teredes que picar na ligazón á hora que vos vinga mellor (as 10 ou as 17 horas).
A reunión dinamizaraa Brais Fernández, un experto en dinamizar grupos.
Contamos convosco e convosco porque tedes moito que achegar desde as vosas experiencias.
Grazas por anticipado pola vosa implicación e querer contribuír para mellorar as nosas organizacións.