Aspronaga e a UDC presentan o primeiro “Comité de Bioética para a Atención de Persoas con Discapacidade Intelectual” de Galicia

23 DE XUÑO DE 2017.  Aspronaga e o grupo de investigación "Filosofía, Constitución e  Racionalidade" da  Universidade da Coruña presentaron, esta mañá, na sede da Fundación Barrié, o primeiro “Comité de  Bioética para a Atención de Persoas con Discapacidade Intelectual” de Galicia. Así a partir das 10 da mañá, investigadores, profesionais, familiares e persoas con discapacidade intelectual reuníronse na Barrié para participar na última sesión e dar clausura ao período de formación denominado como “Espazo de reflexión Ética”. 

Ao finalizar a sesión, José Antonio Seoane, coordinador do grupo e presidente do  Consello de  Bioética de Galicia, e Álvaro Martínez, presidente de  Aspronaga, foron os encargados de presentar a creación do primeiro Comité de  Bioética dedicado ás persoas con discapacidade intelectual que existe a nivel autonómico. 

O proxecto

O pasado outubro,  ASPRONAGA e a UDC, a través do Grupo de investigación “Filosofía, Constitución e Racionalidade”, iniciaron o proxecto de creación e posta en marcha dun “Espazo de reflexión Ética”, coa finalidade de mellorar a calidade da intervención e os procesos de toma de decisións e contribuir a implantar unha cultura  bioética na Asociación. Para iso, distintos profesionais, familiares, voluntarios, persoas con discapacidade intelectual, profesores e investigadores da UDC realizaron sete sesións formativas que se completaron, esta mañá, coa oitava e última.A partir de hoxe, dáse por finalizada esta fase de formación dos membros do Espazo de reflexión Ética e dá comezo o funcionamento pleno do Comité de  Bioética Asistencial, primeiro de Galicia. A finalidade deste órgano será asesorar e dar resposta ás inquietudes e consultas que presenten profesionais, familiares, usuarios ou calquera outro axente social en relación coa intervención e o coidado das persoas con discapacidade intelectual.

 

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2