A cooperativa "Fieltro y más" recibe a súa licenza de venta (13/04/2016)

Esta mañá, o cooperativa "Fieltro y más", formada por tres aulas do CEE Nosa Señora de Lourdes, recibiu, de mans do Alcalde da Coruña, Xullo Ferreiro, a licenza que lle permitirá vender os seus produtos no "Mercado Solidario" do próximo 28 de Maio no Obelisco.

Como presidenta da cooperativa, Bea destacou, na súa intervención no salón de plenos do Concello coruñés, que venderán "variados e novos" produtos e que "o Proxecto Semente é moi importante para nós porque nos permite practicar actividades que nos resultan difíciles como o manexo de diñeiro e tarefas manipulativas". 

 

i n r f p s v t 0 1 2