Fina da Silva gaña o 2º premio do concurso "Dona Emilia, onte e hoxe"
01.10.2021. Onte, Fina dá Silva, residente do Centro Ricardo Baró, recolleu no concello da Coruña o 2º premio no Concurso "Doa Emilia, onte e hoxe". Ismael Souto, tamén residente do Ricardo Baró, obtivo un accésit pola súa obra artística en homenaxe a Emili Pardo Bazán.
Dentro do programa Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa, a Sociedade Filatélica da Coruña conta, un ano máis, con Aspronaga para o deseño dun selo e unha postal en homenaxe, neste caso, a Emilia Pardo Bazán.
Nesta edición, participaron 18 persoas con discapacidade intelectual do Centro Laboral Lamastelle e o Centro Ricardo Baró, que, a partir de diferentes imaxes de Emilia Pardo Bazán, crearon unha obra libre para optar a ser a imaxe do selo e a postal.
Así, a imaxe creada por Xosefina dá Silva será o selo que percorrerá o mundo enteiro e, unha selección dos deseños participantes mostraranse nunha exposición o próximo mes de novembro.