El Deportivo Liceo homenaxea a Aspronaga

A campaña "1 partido 1 causa" une o deporte coa contorna social. Así,  Aspronaga foi a asociación elixida para mostrar os seus valores no partido que xogou o pasado luns contra o  PAS  Alcoi no Palacio dos deportes de Riazor. 


Antes de iniciar o partido, Manuel Paz e Javier Ribeira, grande afeccionados ao hóckey sobre patíns, foron os encargados de colocar o brazalete co logotipo de  Aspronaga ao capitán,  Dava Torres.

Ademais, Nicanor Álvarez, presidente de  Aspronaga e un grupo de persoas con discapacidade intelectual e familias asistiron á homenaxe en representación da nosa entidade. 

"1 partido 1 causa" é unha iniciativa impulsada polo propio  Dava e o  speaker do equipo, Sergio Tomei. Ambos se achegaron ao colexio para gravar este vídeo e dar difusión ao labor de  Aspronaga na contorna deportiva. 

Moitas grazas aos dous, encantounos!

i n r f p s v t 0 1 2