Aspronaga recibe un dos premios “Lider en Calidad” de Expourense

O pasado 10 de novembro, Aspronaga recibiu o premio "Líder en Calidad" no sector Educación que, anualmente, outorga a Fundación Expourense. Así, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Calidade 2016, a entidade ourensá concede os galardóns "Líderes en Calidad" ás  empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo para seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente. Trátase do único acto celebrado en Galicia vinculado con este Día Mundial.

Durante o acto, Alejandro Rubín director xerente de Expourense, destacou que a proposta de Aspronaga para recibir o premio contou coa unanimidade do xurado, composto por Serviguide, AENOR e o Comité Executivo de Expourense (Xunta de Galicia, Concello de Ourense, Abanca, Concello de Barbadás, Concello de San Cibrao, Cámara de Comercio e Industria de Ourense e Confederación de Empresarios de Ourense).


 

i n r f p s v t 0 1 2