Aspronaga celebra a gran final do 41 Festival da Canción

Un total de 13 agrupacións e solistas competiron, o pasado 12 de novembro, por proclamarse como os mellores artistas da 41 edición do Festival da Canción de Aspronaga. Tras a semifinal, os mellores cantantes con discapacidade intelectual  volveron subirse    ao  escenario  ante  a crítica mirada do xurado e o numeroso público asistente.

Aínda que, tal e como afirmou o xurado, as votacións estiveron moi empatadas, finalmente a solista María Márquez foi a gañadora do Festival,na súa categoría, coa versión española de "Titanic". Como gañadora, repetiu a súa actuación ao final do acto, arroupada por todos os colaboradores e voluntarios. A xornada tamén contou coa participación do Coro de Aspronaga. 

Do mesmo xeito que nos últimos anos, os socios e socias do Club Finisterre foron os encargados de facer todos os decorados ademais de elixir o tema sendo, este ano, a película de animación CARS. Durante o último mes, os socios e socias do Club de Lecer de Aspronaga, dedicaron os sábados para preparar decorados, vestiario e a ensaiar as súas actuacións construíndo, co apoio dos voluntarios, un espazo no que divertirnos e emocionarnos. 

O Festival da Canción é organizado polo Servizo de Lecer de Aspronaga  e conta coa colaboración de Gadis, Escola de Tenis Marineda, Coca-Cola, Naker, Sen Sib, Tourgalia e colexio Compañía de María. 

 

i n r f p s v t 0 1 2