Nicanor Álvarez, novo presidente de Aspronaga
23.10.2018. Desde o pasado 15 de Outubro de 2018, Nicanor Álvarez Álvarez é o novo presidente de Aspronaga.
Nicanor Álvarez substitúe a Álvaro Martínez García, quen deixa o cargo despois de 15 anos de entrega a Aspronaga.
Tras a dimisión de Álvaro, a Xunta Reitora elixiu por unanimidade a Nicanor, como novo presidente de Aspronaga. Nicanor, máis coñecido como Cholo, é o pai de Gonzalo, residente do Centro Ricardo Baró. Xa ostentaba a Vicepresidencia da Aspronaga e, agora, asume a Presidencia con moita ilusión e ganas de construír un bo futuro para todos.