Xosé Manuel Carril forma en Xustiza e Protección Social ao futuro Comité de Ética para Persoas con Discapacidade de Galicia

O pasado 28 de Abril, o catedrático en Dereito do Traballo e Seguridade Social e ex concelleiro da Coruña, Xosé Manuel Carril, impartiu unha sesión sobre Xustiza e Protección Social aos membros do que será o primeiro Comité de Ética para a atención de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia. 

Esta sesión, forma parte do Proxecto de  ASPRONAGA e a Universidade da Coruña, a través do Grupo de investigación “Filosofía, Constitución e Racionalidade”, para a creación e posta en marcha dun ESPAZO DE REFLEXIÓN ÉTICA/COMITÉ DE  BIOÉTICA para a atención ás Persoas con Discapacidade Intelectual.

Devandito comité, formado por investigadores, profesionais, familiares e persoas con discapacidade intelectual, reúnese  todos os últimos venres de cada mes desde o pasado outubro e finalizará o próximo xuño.  

 

i n r f p s v t 0 1 2