O Festival da Canción cumpre 40 aos con Los Minions
Xa son corenta as edicións do Festival da Canción, organizado polo Club Finisterre de Aspronaga. Os anos pasan, pero os mellores artistas con discapacidade intelectual non perden nin a ilusión nin as ganas de subirse, unha vez máis, ao escenario para interpretar os seus temas favoritos.
Do mesmo xeito que nos últimos anos, os socios e socias do Club Finisterre foron os encargados de facer todos os decorados, ademais de elixir o tema sendo, este ano, o Os MINIONS. Así, o pano abrirase a partir das 16.30h no colexio Compañía de María e, ao termo, o xurado elixirá os mellores que volverán actuar o vindeiro sábado na gran final. Durante o último mes, os socios do Club dedicaron os sábados para preparar decorados, vestiario e a ensaiar as súas actuacións construíndo, co apoio dos voluntarios, un espazo no que divertirnos e emocionarnos. O Festival da Canción é organizado polo Servizo de Lecer de Aspronaga e conta coa colaboración de Coca-Cola.