Aspronaga participa en tres proxectos de accesibilidade e inclusión
O pasado 22 de decembro, o alcalde da Coruña, Xullo Ferreiro, en representación da Fundación Emalcsa, asinou os convenios coas entidades culturais beneficiarias da primeira convocatoria de axudas do programa Cultura Inclusiva. Dos sete proxectos de accesibilidade e cultura presentados por outra tantas entidades culturais, Aspronaga participa en tres deles.
O primeiro coa Asociación "Proxecto Máscaras", polo que persoas con discapacidade intelectual poderán formar e formarse como actores; o segundo coa "Asociación Cultural A Quinta da arte" para un proxecto de Teatro na rúa e, por último, coa "Sociedade Filatélica da Coruña" mediante o cal se convocará un concurso entre os usuarios de Aspronaga para a edición dun selo.
Unha das características especiais desta convocatoria é a necesidade de que os proxectos das solicitantes estean apoiados e desenvólvanse en colaboración cunha entidade de persoas con algún tipo de diversidade.