Aspronaga dedica o 44º Festival da Canción a Juan Pardo

Un total de 22  agrupacións e solistas disputaron, o 19 e 26 de Outubro,  o 44º Festival da Canción de  Aspronaga. Unha vez máis, como xa é tradición, os socios e socias do Club #Finisterre foron os encargados de facer todos os decorados ademais de elixir o tema sendo, este ano, o cantante galego Juan Pardo, o  protagonista. 

Asi,  os intérpretes con discapacidade  intelectual  volveron  subirse    ao  escenario  #ante  a crítica mirada do xurado e o numeroso público asistente, que vive con gran ilusión e entusiasmo este importante evento para a gran familia de  Aspronaga. Durante o último mes, as persoas con discapacidade intelectual que asisten ao Club de Lecer de  Aspronaga, dedicaron os sábados para preparar decorados, vestiario e a ensaiar as súas actuacións construíndo, co apoio dos voluntarios e familiares, un espazo único. a doazón de 1 Kg de garavanzos ou de lentellas á Cociña Económica.

O Festival da Canción é organizado polo Servizo de Lecer de  Aspronaga  e conta coa colaboración de Pescanova, Tenis  Marineda,  Gadis,  Náker,  Agaxede, Ismael González S.L., Distribucións A  Moenda S.L.

 

VER FOTOS SEMIFINAL (19/10/2019)

FOTOS FINAL (26/10/2019)

i n r f p s v t 0 1 2