Cada vez somos máis Baixo o mesmo Paraugas

03.12.2018 O pasado luns, 3 de decembro, 53 asociacións de toda Galicia xuntámonos para celebrar, por terceiro  ano consecutivo,  o Día Internacional da Discapacidade " Baixo o mesmo  paraugas".

Na Coruña, foi unha xornada moi emotiva na que, tras as palabras da  concelleira de  Igualdade e  Diversidade,  Rocía Fraga, e a lectura do manifesto por parte de persoas con discapacidade e alumnos do colexio Isaac Díaz Pardo; expresamos as nosas peticións, necesidades e desexos para facernos visibles ante a sociedade.

Así, sobre un milleiro de paraugas de cores asolagaron, de novo, a praza de María Pita ao redor das 12 da mañá nun acto cualificado como un "éxito" por todos os asistentes.

Deixámosvos as fotos realizadas polos fotógrafos de Nos  Why  Not? e vémonos no 2019!

VER TODAS LAS FOTOS 

Baixo o mesmo paraugas (03/12/2018)

i n r f p s v t 0 1 2