Aspronaga crea un Observatorio de Calidade Permanente
21.05.2020. O Comité de Ética de Aspronaga acordou, nunha sesión mantida onte, a creación do Observatorio permanente do Comité de Ética de Aspronaga, co fin de recoller as situacións complexas e posible vulnerabilidade dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, no complicado escenario actual.
Doutra banda, constituíuse un grupo de traballo, dentro do Comité, encargado de auto avaliar o eixo de Ética nun proxecto piloto de Plena Inclusión para testar un novo modelo de Calidade.
Así, o Comité de Ética de Aspronaga se reactiva, adaptándose ás novas circunstancias. Onte, a reunión tivo lugar de modo " online" resultando, en palabras dos asistentes, "un éxito" e "unha boa base para ser máis dinámicos e efectivos".