A Asamblea aproba o Plan de Actuación e os orzamentos para o 2022

28.12.2021 A Asamblea de Socios e Socias de Aspronaga deu luz verde, o pasado 22 de decembro, o Plan de Actuación e os Orzamentos de  Aspronaga para o ano 2022. Así, a entidade planea para este novo exercicio un equilibrio de gastos e ingresos que supera os sete millóns de euros.

Devanditos plans reflicten unha situación económica marcada por unha inflación descoñecida desde hai anos, cunha previsión dunha subida xeneralizada dos custos dos servizos. Ademais, teñen en conta que as necesidades das persoas con discapacidade intelectual son cada vez maiores e as medidas introducidas polo Covid-19 fan necesario máis e mellores servizos, dotándoos de máis persoal.

Neste sentido,  Aspronaga pon todos os esforzos necesarios para seguir mellorando a calidade de vida de todas as persoas que forman a Asociación: persoas con discapacidade, familiares, traballadores, voluntarios, etc... e márcase como obxectivos seguir impulsando as relacións institucionais, a captación de fondos e actualización de contratos, consolidar a Formación Profesional Adaptada, lograr unha continuidade na actividade laboral e a ampliación do Centro Ricardo  Baró.

DESCARGA OS PLANES DE ACTUACIÓN 2022 EN PDF

i n r f p s v t 0 1 2