15 mozos con discapacidade intelectual diplómanse como Auxiliares de Conserxe

A CORUÑA, 18 DE DECEMBRO DE 2019. Aprendemos que o máis importante é a comunicación e, sobre todo, o sorriso”. Fala Pilar López, unha das 15 persoas con discapacidade intelectual que, esta mañá, recibiron o diploma que os acredita como “Auxiliares de Conserxe” no CEE Nosa Señora de Lourdes-  Aspronaga. Foron un total de 180 horas de formación, nas que o que máis lles gustou é “o traballo en equipo”. Agora, esperan poder demostrar todo o aprendido, facendo prácticas en empresas.

Se lles preguntas, téñeno claro, “gustaríanos facer prácticas en Inditex ou a Fundación Once”, pero, “imos aos poucos”, aseguran.  Menchu Iglesias, directora de Insere, e Nicanor Álvarez, presidente de  Aspronaga foron os encargados da entrega de diplomas. Iglesias destacou o labor do experto en economía, Roberto Castro, como docente e subliñou que “o mundo é moi grande, vira moito e as persoas con discapacidade temos que estar preparadas”. Pola súa banda, Nicanor Álvarez, agradeceu a Insire a súa colaboración e marcou o carácter divertido do curso, “pasástesvolo pipa”, afirmou.

O curso de “Auxiliar de Conserxe”, que conta coa colaboración de Insere e a Fundación ONCE e está financiado polo Fondo Social Europeo, ten como obxectivo favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual a través da formación. Con este fin, o CEE Nosa Señora de Lourdes ten como obxectivo establecer lazos con empresas para que o alumnado poida realizar as súas prácticas laborais, tras o período de formación.

Clausura Curso Auxliiar Conserje

i n r f p s v t 0 1 2