Un Día do Libro de conto

Esta mañá, os alumnos de 6º curso do CEIP Raquel Camacho acudiron ao centro de educación especial de Aspronaga, A nosa Señora de Lourdes, para celebrar o Día do Libro. Así, dando todo un exemplo de inclusión, estudantes de ambos os centros interpretaron, todos xuntos e ante os seus compañeiros, os contos "Yaci e a súa boneca" e "Nena bonita", nunha xornada moi especial na que tamén compartiron o tempo lecer do recreo e un saboroso tentempié.

Non é a primeira vez que ambos os colexios comparten a paixón pola lectura. Todo empezou grazas a unha iniciativa da Biblioteca do Ágora, ?Animación á lectura?, orientada a centros de ensino ordinario e a centros de educación especial. Así, clases do colexio de Aspronaga apuntáronse a este programa, que ten como fin traballar o mundo da lectura, favorecendo a inclusión. Desta forma, os alumnos visitan os dous centros para ensaiar a interpretación do conto na que os alumnos lectores de ambos os colexios fan a narración do conto acompañados dos non-lectores que desenvolven a recreación do conto. Todos os alumnos afirman que están a gozar moito desta actividade xa que, ademais de traballar a lectura, comparten valores como o compañeirismo, a aceptación, o apoio mutuo, etc

i n r f p s v t 0 1 2