Juan Fontela, novo xerente de Aspronaga

A Coruña. 6 de Abril de 2020. Nicanor Álvarez, presidente de  Aspronaga,  comunica que, con data do pasado día 3 deste mes de abril, cesou como Xerente desta entidade D.  Pompeyo Fernández Pérez, quen desempeñou este cargo por máis de corenta anos e, agora, pasa a gozar dunha merecida xubilación.

Así mesmo, comprácenos comunicar que, a partir desta data, o novo Xerente é D. Juan  Fontela Pérez, ao que moitos xa coñecedes, xa que está vinculado a  Aspronaga desde hai moitos anos e onde, ata este momento, desempeñou as funcións de Director de Recursos Humanos. 

Aínda que é certo que comeza a súa xerencia en condicións de singular excepcionalidade, estamos convencidos de que desempeñará o seu posto con plena eficacia e compromiso e, tamén, de que se abre un período cheo de retos e de ilusión para a nosa entidade. 

 

i n r f p s v t 0 1 2