O colexio de Aspronaga gaña o premio ao “Mellor experimento” en la Open Sciencie de Cambre
17/09/2018. “A creatividade, a capacidade comunicativa e a paixón dos participantes da caseta”. Este foi o argumento que o xurado do I Open Science de Cambre expuxo ao outorgar o premio ao “Mellor experimento”, na categoría de “Científicos Novos” de Educación Secundaria, aos alumnos con discapacidade intelectual do CEE Nosa Señora de Lourdes ( Aspronaga).
Os estudantes do colexio de Aspronaga conseguiron conquistar á maioría dos membros do xurado, composto por dez profesores e profesionais independentes de toda España, grazas á presentación dos proxectos de Impresión 3D e Robots Musicais nunha feira catalogada como “evento científico europeo” . A este respecto, o director do CEE @Ntro. Sra de Lourdes, Rubén Mateos, destacou o éxito que supón recibir este recoñecemento nun contexto “totalmente inclusivo” e agradeceu a invitación para participar no evento, tanto por parte do Concello de Cambre, como do profesor José Viñas, impulsor do Open Sciencie. Grazas a este premio, os alumnos de Aspronaga poderán participar no Día da "Ciencia na rúa" en Bilbao, cunha caseta onde mostrar o experimento que gañou nesta Open Science Cambre.
O I Open Sciencie tivo lugar esta fin de semana en Cambre. Baixo os lemas “Prohibido non tocar” e “Prohibido non copiar” atraeu a ao redor de 3000 visitantes e contou coa participación de 300 persoas de toda España e 5 países europeos.