O Festival da Canción reivéntase celebrando unha edición virtual

A Coruña, 23 de Octubre de 2020. 100 persoas involucradas, 37 actuacións, sorpresas e artistas especiais convidados. Así está a ser o 45º Festival da Canción de  Aspronaga. Un festival que, este ano tan peculiar, se  reinventa cunha edición virtual organizada desde casa e que conta coa colaboración de  Alikate Producións,  Gadis e as artistas Arantxa  Treus e Tamara Pérez.

Este festival tan especial divídese en dúas sesións para dar cabida ás numerosas actuacións e diferentes categorías. Así, o pasado sábado retransmitíanse, ante máis de 70 persoas, as actuacións do primeiro grupo de persoas con discapacidade intelectual que non dubidaron en montar o seu propio escenario en casa e dar renda libre á súa arte. Mañá, sábado 24 de outubro de 5 a 8 da tarde, emitiranse o resto de actuacións, haberá sorpresas de cantantes famosos e coñeceremos aos gañadores!. 

Durante 44 anos, os socios e socias do Club Finisterre foron os encargados de facer todos os decorados, ademais de elixir o tema do festival. Con todo, a pandemia actual ha acabado coa tradición, motivando que a 45º edición do Festival da Canción sexa moi diferente, pero, sempre, chea de alegría, diversión e moita imaxinación. 

 

i n r f p s v t 0 1 2