A Asamblea aproba os orzamentos para o 2021

21.12.2020. A Asemblea de Socios de  Aspronaga aprobou, esta tarde, o Plan de Actuación e os Orzamentos de  Aspronaga para o ano 2021. Así, a entidade planea para este novo exercicio un equilibrio de gastos e ingresos que supera os seis millóns de euros.

Dado que a pandemia condicionou a actividade da Asociación durante a maior parte do 2020, o presente Plan de Actuación retoma as liñas estratéxicas do último exercicio. Así, aínda que algunhas destas liñas estratéxicas xa se iniciaron no último trimestre de 2020,  Aspronaga establece os seguintes obxectivos para o 2021: mellorar as relacións institucionais, captar fondos, potenciar a autonomía e a capacitación laboral das persoas con discapacidade intelectual, impulsar unha atención especializada a menores e manter e coidar as instalacións.

VER PLANES DE ACTUACIÓN ASPRONAGA 2021

i n r f p s v t 0 1 2