Dez profesionais se suman ao equipo de Aspronaga
Desde finais de decembro, Aspronaga conta no seu equipo con dez novos profesionais de diferentes disciplinas, grazas ao Programa de Cooperación 2020 da Xunta de Galicia destinado a Entidades Sen Ánimo de Lucro.
Os programas de cooperación son instrumentos a través dos cales se ofrece ás persoas demandantes de emprego unha oportunidade para adquirir a experiencia laboral que lles poida facilitar a súa futura inserción no mercado de traballo. Para iso, Emprego Galicia concede, cada ano, subvencións destinadas a financiar a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, en colaboración coas entidades locais ou coas entidades privadas sen ánimo de lucro con centros de traballo en Galicia. Estes programas de apoio cumpren así unha dobre función: Melloran a empregabilidade das persoas contratadas, a través da adquisición de experiencia na súa categoría profesional, e realizan tarefas e servizos de utilidade social e de interese para a comunidade.