Alumnos de Aspronaga fórmanse no CIFP Paseo das Pontes (01/04/2016)

Traballar competencias profesionais nunha contorna totalmente inclusiva. Este é o principal obxectivo do convenio de prácticas "Vivir a Diversidade", asinado, o pasado novembro,  entre o CIFP Paseo dás Pontes e o centro de educación especial de Aspronaga, "Nuestra Señora de Lourdes". Así, dende entón, os alumnos con discapacidade intelectual do CEE Nuestra Señora de Lourdes, que cursan a etapa de "Formación profesional adaptada e de Transición á Vida Adulta", comparten aula, algunha actividade, profesor, materiais, horarios... cos estudantes do centro de formación profesional coruñés. 

En concreto, trátase de grupos de entre 5 e 7 estudantes que acoden a unhas actividades formativos de "Hostalería e Turismo", "Confección e Téxtil" e "Industrias Alimentarias" co fin mellorar a súa preparación socio-laboral nunha contorna normalizada; realizando talleres como elaboración de doces, acabado de pezas textis, elaboración de produtos lácteos, elaboración de conservas, etc. Esta experiencia está a resultar realmente gratificante para todos os implicados. Mostra diso, é o almorzo en buffet que, esta mañá, prepararon conxuntamente para o acto público de celebración do "Día Internacional do Autismo". Un exemplo de diversidade, integración e, sobre todo, capacidade.  

IR A LA GALERÍA DE FOTOS

i n r f p s v t 0 1 2