El Centro Laboral Lamastelle celebra o seu 40 aniversario.

07.06.2019. 40 anos de compromiso, 40 anos acompañando vidas, 40 anos traballando polas persoas, 40 anos de metas conseguidas, 40 anos pola inclusión, 40 anos de historias para o recordo… E hoxe chegou o día. Ao redor de 400 persoas entre usuarios con discapacidade intelectual, profesionais, voluntarios, convidados e amigos uníronse para celebrar ao grande o 40 aniversario do Centro Laboral Lamastelle.

 

Así, a festa comezou, xa pola mañá nas instalacións de Aspronaga en Oleiros, coas finais deportivas, xogos de feira, karts, un touro mecánico e o show musical “A Lilicleta”. Ás 12 h, varios grupos de artistas subíronse ao escenario nunha especial versión de “A túa Cara Sóame” para dar paso a unha multitudinaria comida ao aire libre e baile ao son de “Alba e Selu”. E por fin chegou o gran momento. Os fundadores do Centro Laboral Lamastelle sacaron unha gran torta e lanzaron ao aire globos con mensaxes homenaxeando a gran efeméride. A emoción invadiu o ambiente por todos os anos vividos e todos o futuros prol as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

 

A media mañá, a conselleira Política Social, Fabiola García; o secretario xeral de Maiores e Discapacidade, Ildefonso de Cámpaa e a xefa territorial María Blanco, visitaron a exposición que mostra traballos, fotos e outros obxectos dos 40 anos de historia do centro. 

PINCHA NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS E VIDEOS 

i n r f p s v t 0 1 2