O Servizo de Lecer recolle o premio á Xestión Deportiva de Integración Social

O pasado 16 de novembro, a Asociación Galega de Xestores Deportivos (  AGAXEDE)  outorgou ao Servizo de Lecer de  Aspronaga o Premio Galicia á Xestión Deportiva na categoría  de integración social. 

O galardón foi entregado na Gala dos X Premios Galicia á Xestión Deportiva na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O acto foi presidido por José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte na Xunta de Galicia.
Juan Otero, en representación do Servizo de Lecer, foi o encargado de recoller o premio. Aquí deixámosvos a súa emocionada intervención.  

i n r f p s v t 0 1 2