Reunión Xunta Reitora de Aspronaga
28.02.2020. Este xoves, tivo lugar unha reunión ordinaria da Xunta Reitora de Aspronaga baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor Alvarez, para tratar distintos temas relacionados coa marcha xeral da Asociación.
Na devandita reunión, o Presidente de Aspronaga informou dos distintos encontros e conversacións mantidas co director xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Ildefonso de Cámpaa, e con Fademga co fin de avanzar na mellora dos servizos prestados pola Asociación.
Ademais, o presidente comunicou as conclusións da reunión da Comisión de Ideas e Proxectos, recentemente creada, co obxecto de impulsar a innovación entre os profesionais.
Outro das temas tratados foron os indicadores de cadro de mando do mes de xaneiro, destacando o elevado índice de absentismo no centro Ricardo Baró, poñendo como obxectivo o mellorar a saúde laboral do persoal mediante a prevención, formación e concienciación.
Doutra banda, tomáronse distintos acordos relativos á optimización de recursos, outorgáronse poderes para a incorporación do novo Xerente e a posta en marcha de distintas ferramentas para a xestión corrente.
Noutra orde de cousas, os membros da Xunta Reitora debateron distintas alternativas para a ampliación da base social de Aspronaga, a comunicación efectiva e como xerar compromiso e participación dos familiares, obxectivos que ven como prioritarios.