Reunión Xunta Reitora de Aspronaga

08.10.2021. O pasado mércores, tivo lugar unha reunión ordinaria da Xunta Reitora de  Aspronaga baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor Álvarez, para tratar distintos temas relacionados coa marcha xeral da Asociación.


Antes da reunión, Juan Otero explicou á Xunta
a súa experiencia no Encontro Estatal de Persoas con discapacidade intelectual 
celebrado en setembro en Toledo. 

INFORME DO PRESIDENTE

Na reunión, o Presidente informou sobre a elección de  Aspronaga
para formar parte do  Consello Municipal do Deporte,
sendo unha das opcións máis votadas. 

Ademais, comunicou que o  CEEPR @Ntro. Sra. de Lourdes asinou
un convenio de colaboración coa Consellería de Educación para
poder ofrecer cursos de Formación Profesional no colexio. 

PROXECTOS

Doutra banda, o presidente falou de proxectos futuros
como o peche e arranxo do  secadero en  Lamastelle
e a adquisición dun ascensor e arranxo do portalón de entrada en Pérez  Lugín. 

Ademais, xa se puxo en marcha  a reforma da 
sala de menores no Centro Ricardo  Baró. 
Este proxecto nace grazas ás doazóns ofrecidas por múltiples 
doantes na campaña de  crowfounding # GivingTuesday.

FUNDACIÓN TUTELAR

Por último, a Xunta Reitora informou sobre os cambios 
no Padroado da Fundación Tutelar  Aspronaga. 
Así, a Xunta aprobou a designación das persoas
que representarán a  Aspronaga na Fundación: 
Álvaro Martínez como presidente e Manuel Mariño (notario),
Jose Luís Seoane (maxistrado) e Milagros Grella, familiar de  Aspronaga, como vogais. 

COÑECE  A XUNTA REITORA DE ASPRONAGA

 

 

i n r f p s v t 0 1 2