Nace o club

Presentámosvos o club de sendeirismo "AndainaBaró". Un club novo, intrépido e moi enérxico que ten como obxectivo facer un roteiro á semana coa máxima participación posible. 


Hai uns días que xa nos estreamos. Eliximos entre 2 roteiros, preparamos a nosa mochila con todo o necesario e lanzámonos á nosa primeira andainabaroruta!. Pasámolo moi ben, gozamos do aire libre e aprendemos máis sobre a nosa contorna.

Tan incrible que queremos convidar, a compañeiras e compañeiros de Aspronaga,  outros entidades ou calquera persoa que lle apeteza, a compartir os nosos paseos. Úneste? Queres ser un Andainabaró? Pois escríbenos un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e informarémosche das nosas aventuras semanais. Esperámoste!

Club senderismo AndainaBaró

i n r f p s v t 0 1 2