Homenaxe a Ana García Amor

O pasado 21 de marzo, a asemblea de  Aspronaga rendeu homenaxe a Ana García Amor, por "os moitos anos dedicados á nosa Asociación e o seu especial agarimo á Casiña de  Lamastelle"; en referencia á residencia que se inaugurou en 2002 nas instalacións de Oleiros e na que conviven adultos con discapacidade intelectual.

No acto, ao que acudiron, ademais da familia da homenaxeada, profesionais, familias, amigos e usuarios de  Aspronaga, descubriuse a placa na súa honra, que loce desde entón na fachada da Casiña. Máis tarde, todos os asistentes gozaron dunha merenda e os residentes entregaron unha fotografía coas súas dedicatorias. 


VER TODAS AS FOTOS

i n r f p s v t 0 1 2