O Centro Ricardo Baró, solidario en Nadal

21 de Decembro de 2018. Esta mañá un grupo de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e profesionais do Centro Ricardo  Baró fixeron entrega de máis de 30 caixas de comida non perecedoira, alimentación infantil, produtos de hixiene e cueiros infantís á Cociña Económica. 

Unha furgoneta repleta de produtos que foi o resultado da campaña solidaria que naceu fai xa cinco anos, grazas á idea dunha das traballadoras do Ricardo  Baró e que se repite cada Nadal.

Así, durante máis ou menos un mes antes do inicio das Festas, profesionais, usuarios con discapacidade intelectual e as súas familias doan unha gran cantidade de xoguetes e alimentos á Cociña Económica coruñesa, o que demostra que todos podemos ser solidarios. 

O grupo aproveitou a entrega para realizar una as instalacións da Cociña Económica e coñecer un pouco máis as actividades da entidade, mostrándose moi interesados por como celebrarán estas festas tan sinaladas. 

 

i n r f p s v t 0 1 2